Outubro é o mes escollido pola IASL (International Association of School Librarianship) para destacar o traballo que as bibliotecas escolares desenvolven ao longo de todo o curso co obxectivo de fomentar aS lecturaS e apoiar os procesos de aprendizaxe que se desenvolven nos centros de ensino. Outubro tróuxonos o comezo da hora de ler, trouxo a resolución do Plan de Mellora de Biblioteca Escolares 2009/10, traerá un programa de visitas do alumnado á biblioteca, traerá en Gondomar as xornadas Lendo en familia de Espazo Lectura e traerá tamén os días 23 e 24 en Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2009, nas que estaremos para aprender e mellorar así o noso traballo. Non todo en outubro vai ser a caída da folla...10.10.09
Outubro: mes da biblioteca escolar
Outubro é o mes escollido pola IASL (International Association of School Librarianship) para destacar o traballo que as bibliotecas escolares desenvolven ao longo de todo o curso co obxectivo de fomentar aS lecturaS e apoiar os procesos de aprendizaxe que se desenvolven nos centros de ensino. Outubro tróuxonos o comezo da hora de ler, trouxo a resolución do Plan de Mellora de Biblioteca Escolares 2009/10, traerá un programa de visitas do alumnado á biblioteca, traerá en Gondomar as xornadas Lendo en familia de Espazo Lectura e traerá tamén os días 23 e 24 en Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2009, nas que estaremos para aprender e mellorar así o noso traballo. Non todo en outubro vai ser a caída da folla...
Etiquetas:
Espazo Lectura,
IASL,
PLAMBE,
Xornadas de Bibliotecas Escolares
4.10.09
RECANTO DA POESÍA
Esta é a nosa proposta da semana para “O Recanto da poesía”.
VARIACIONES SOBRE UN VIEJO TÓPICO
Los violines de Verlaine.
Los soñados caminos de la tarde, de don Antonio.
Un viejo olor a campo.
Un viejo olor a lápices y a cuadernos.
El cielo gris.
El viento entre los árboles.
La caricia de las primeras lluvias.
La tristeza sin causa.
La soledad sonora.
La noche, cada vez más oscura y más larga.
Un cigarrillo que de pronto te sabe al primer cigarrillo.
Una antigua canción que te devuelve tus quince años.
Toda tu vida en imágenes, que acuden atropelladamente
como en una vieja película mal montada...
Ha llegado el otoño.
Javier Salvago, Volverlo a intentar, 1989
VARIACIONES SOBRE UN VIEJO TÓPICO
Los violines de Verlaine.
Los soñados caminos de la tarde, de don Antonio.
Un viejo olor a campo.
Un viejo olor a lápices y a cuadernos.
El cielo gris.
El viento entre los árboles.
La caricia de las primeras lluvias.
La tristeza sin causa.
La soledad sonora.
La noche, cada vez más oscura y más larga.
Un cigarrillo que de pronto te sabe al primer cigarrillo.
Una antigua canción que te devuelve tus quince años.
Toda tu vida en imágenes, que acuden atropelladamente
como en una vieja película mal montada...
Ha llegado el otoño.
Javier Salvago, Volverlo a intentar, 1989
1.10.09
Comezou a hora de ler
18.6.09
Boas vacacións e boas lecturas!
A biblioteca entregou xa os útlimos premios aos alumnos e alumnas que conseguiron máis bibliopuntos ao longo do curso (Sabela Vilar, Federico Villar, Enrique Crespo, Lucía Aguiar e María Pena) e está estes días facendo os últimos préstamos de lotes de libros para as vacacións. Marchamos, pero queremos facelo deixándovos unha recomendación de lectura dun libro que acaba de entrar na nosa biblioteca: Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz, unha novela que nos achega á historia de Khoedi, un nena que ten que deixar a súa casa do Senegal para vir a instalarse en Vigo.Deixámosvos tamén unha ligazón cunha páxina de xogos que preparou o noso alumnado de 1ºBach coa súa profesora de Tecnoloxía, Elena Fernández, a partir de diferentes libros de Agustín Fernández Paz. Agradecéndolles este fantástico traballo, desexámosvos unhas boas vacacións cheas de boas lecturas.
27.5.09
Premios e bibliopuntos
Estanse a entregar estes días os premios dos últimos xogos organizados pola biblioteca. O cheque de 30 euros do enredo matemático que propuxemos dentro das actividades do Día das matemáticas foi para Tamara Misa, de 4ºESO-A. Os catro cheques de 25 euros da Olimpíada das Letras Galegas foron para o equipo formado por Lucía Aguiar (2ºESO-B), María Pena (2ºESO-A), Enrique Crespo (2ºESO-B) e Elena Crespo (2ºESO-A). Todos os participantes recibirán ademais bonos de zume para a cafetería do instituto e bibliopuntos. Estes foron os dous últimos xogos convocados pola biblioteca neste curso: nos próximos días publicaremos a listaxe final de bibliopuntos e saberemos quen son os cinco alumnos e alumnas que gañaron os premios especiais de fin de curso por seren os que máis bibliopuntos conseguiron.
Etiquetas:
bibliopuntos,
dinamización,
Día das Letras,
Día das matemáticas
19.5.09
Mario Benedetti, na memoria.
+++
con estas lágrimas
se forman los arroyos
más transparentes
+++
¿dónde estaremos
cuando la dulce muerte
nos dé la mano?
+++
hace tres días
que no hay horizonte
¿se habrá acabado?
+++
en el exilio
siempre estamos colgados
de la nostalgia
+++
la nada es todo
de la nada salimos
y allí volvemos
+++
Mario Benedetti, Adioses y bienvenidas, 2006
15.5.09
Letras Galegas 2009
Estamos ás portas do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro. No patio central do instituto temos instalada unha exposición sobre a vida, a obra e a época que lle tocou vivir. Ao longo da próxima semana, todo o alumnado do centro visitará esta exposición e realizará durante a visita unha actividade co profesorado de Lingua galega.Ademais, desde a biblioteca, propoñémosvos para a próxima semana unha Olimpíada da Letras Galegas, un xogo de busca de información no que poderán participar grupos de catro alumnos e alumnas. Cada grupo recibirá todos os días unha folla con preguntas relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas. O xogo rematará o venres cunha superpregunta que deberá resolverse durante o recreo na propia biblioteca. Cantas máis resposta correctas, máis puntos se poderán conseguir e máis posibilidades de acceder ao premio final: un cheque de 25 euros para cada un dos membros do equipo, que se poderá gastar en calquera das librarías de Gondomar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
